Sexta-feira, Outubro 30, 2009
Domingo, Outubro 04, 2009
Rumiante
As vacas con nome dan máis leite.
Coñezo unha moza que di que vive nun sitio onde as vacas ainda teñen nome.
E outra moza que tén un grupo chamado "As vacas"
Deconstruindo a Vaca , é facer unha Vaca Acción?
Pero, que é realmente unha Vaca?
Sábado, Setembro 05, 2009
alea jacta

jalea acta
ale, a jactá
ata jaleac
lea ajac tá
etc
As combinacións son limitadas,
cansad+ de combinar,
de camiñar,
de cambiar de letra, a ver se...
Aceptando que hai xogos nos que só se trata de xogar, aprender, e non gañar
Aceptar ser peón (ou ficha maior dun xogo xogado polo DEstino
Ou cambiar de xogo (tras do xadrez sempe había un parchís
Quarta-feira, Agosto 19, 2009
todo está inventado
o ilusorio de pensar que transitamos por paraxes descoñecidos
o pretencioso de volcar ouro sobre latón
o fantástico de voltar a mirar as fotos vellas con superioridade
o vaidoso de pensar que estamos por diante das civilizacións marcianas
o infantil de pensar que nos escoitan tod+s +s adult+s da contorna
o parcial da concentración parcelaria
a gloria do touro no curral
eso non o teño agora
non sei se será problema
Sexta-feira, Julho 10, 2009
Sábado, Junho 20, 2009
Fin ou Destino
Nos intres nos que tento retorcer o Destino que me asaltou coma unha puñada por camiños que pensaba que coñecía por transitados... o Destino xoga coma unha bolsa de plástico no ventiño do calexón...
A traxedia no teatro seica é o destino insalvable.
A comedia sería o cárcere do carácter de persoaxe sen sabelo, a rixidez de mente e acción, que choca contra todo o que está arredor sen beneficio máis que para quen observa.
E a traxicomedia revela as pretensións dunha persoaxe por salvarse no medio do Oseano.
Esta é a esencia do drama segundo a Poética de Aristóteles.
A risa-pranto en espello son símbolos do Teatro.
Sexta-feira, Junho 12, 2009
como ia dicindo
era asi, ou xa m esquecera. Enviar dnd o mobil. A ver. Un susurro. 160 caracteres de clin-clan_zas. Mellor cincelando
Quarta-feira, Maio 27, 2009
SACHANDO NO CORAÇAO
A negra cantaba "jodido pero contento"...
¿Por que as mulleres cantan, como lle pasaba á de Mecano, con voz de home?
¿Por que nos encanta sufrir, e logo cantando nos sentimos mellor?
Esa droga doada da guitarra, cando notas que +s veciñ+s parece que se molestan e logo calan coa túa respiración. (anque pola noite é excesiva, anque cantes baixiño baixiño)
Temos
Non podia resistirme a poñer esta imaxe, cando a vin
Quinta-feira, Abril 16, 2009
FARTURA
Fart+ de papeis
Fart+ de andeis
Fart+ de enredos
Fart+ de obrigas
Fart+ de pantallazos
Fart+ da crueldade
Fart+ da realidade
Fart+ da debilidade impostada
Fart+ da autoridade impostada
Fart+ de saber
Fart+ de que sempre sexa igual
Fart+ de "éche o que hai"
Fart+ de estar farto, non de fartura
Fart+ de non dixerir
Fart+ de non dar
FART
Quinta-feira, Abril 09, 2009
Sábado, Abril 04, 2009
Quarta-feira, Março 04, 2009
voltou o inverno
para unha cultura labrega é o inferno, que non tén nada a ver con lumes de aceites fervendo.
chega a hora da mordaza?, do pisón? do ppensamento único?
xa sabemos contra quen barallar agora
antes estabamos agardando un sol que non chegou a quentar
Terça-feira, Fevereiro 10, 2009
GALIZA NON SE VENDE?

Caravana de Concertos Reivindicativos:
En Ourense (xoves 12), Corrubedo e Compostela (domingo 15)..
A Rede de Movementos Sociais e Culturais segue a moverse. Porque a verdadeira política é a do día a día na rúa (e na túa casa, que leria).
En Ourense, como non, sempre lle dan/damos un toque identitario.
Decidiuse facer o día de compadres no que as mozas constrúen bonecos con forma de homiño para os queimar (anque hai variacións). E os mozos tentan impedilo. Pero sempre hai salvagarda nalgún bar. E viño. E risa.
Repichoca, pasarrúas, regueifa (preparada e espontánea),concertos folk, obradoiros para peques... buff ..quen non queira non vai...)
Eu irei lá, que xa me estou preparando na capital
Segunda-feira, Fevereiro 09, 2009
TRADUCIRE PLEASE
Lembro estar a enredar naquela imposible traducción do verso que empezaba a gloriosa canción:
Now I´ve heard there is a secret chord, etc, que é unha das máis versioneadas que existen. Faltaba en galego,
que sería:
Disque hai un acorde segredo...
Que non encaixa na métrica da superrecoñecible canción.
Á xente semellaríalle máis ben un repertorio de Striptís de Supermartes.
Pero Juan Perro tentouno hai un tempo, facer en castellano de castilla temas en inglés. Gardar o espíritu dicía, reinventando a letra.
Sería caralludo, neste día gris, agardando o trebón que non da chegado, amarrad+s en porto alleo, que saira de golpe a canción enteira.
O proxecto de Darío Xohan Cabana eran 1000 traduccións de clásicos. Porque si. Porque a lingua era deusa e superior, arredor da que se volcaban as esencias.
¿E se non fora tal, e o materialismo tivera máis a ver ca gramática xenerativa?
¿E se a diferencia estivera na boca, e non na lingua?
Sábado, Fevereiro 07, 2009
ESTRES ANDO
Incribelmente onte pola noitiña conseguin bañarme ás beiras do Miño,
e deixarme nas mans dunha profesional (no senso literal da palabra) para liberarme cunha masaxe Zen de dúas cousas:
-Unha miga de exceso de ocupacións sen tope
-Un bono (de dous) sen empregar de agasallo
Quen o diría nestes días de nevarada, co meu Clío xeadiño e bafarante (ben, bafaraba eu)
Miña nai xa me dicía: vai agora (en setembro) e eu dicíalle: xa, pero agora en setembro teño moito choio.
Quen teña problemas de pel o efecto do baño termal é inmediato. Quen teña problemas de precisar un acougo ou peores, como di miña nai "os baños, ou 7 ou 9 días, se non non valen moito".
P.S.: o de Zen é irrelevante.
O que relaxa é o baño a 42 graos, e unha suave masaxe de 1 hora (menos non se ocupa ninguén en nada que mereza a pena)
PS.2: Un achádego da cultura Zen á parte da meditación, son os koan: versos ou epigramas que aparentan ser contradictorios. Un dos máis famosos é "o aplauso cunha soa man".
Quinta-feira, Fevereiro 05, 2009
CICLO TÍMIC+S ?
Ciclópe+s? Non, bi-cíclic+s
Tímid+s? Non, tempos íntim+s
Eufóricos e depresiv+s
Depreciandonos
A brétema. A lañucenta brétema emocional.
A cegueira que da a espesura mental (densa ou fonda?)
¿Quen se cruza, de quen é a sombra?
As árbores que non deixan ver a friaxe.
Din que a calor é enerxía desperdiciada. Xeramos enerxía?
Xa o dicía + outr+ : non hai xeracións, só creacións individuais (e cada día tén o seu berce)
Amén...
Terça-feira, Fevereiro 03, 2009
LOOP

Alee up
Aaaale hop
Aaaaa huuiiii
Últimamente paso máis tempo en Santiago e na estrada que na casa.
¿Non hai ás veces esa sensación no bambán de... euforia...,
e de súpeto estás xa dando voltas por riba da barra, e non sabes se sabes se segues ou soñas que das voltas e voltas, coma nos medos infantís
A tarde toda non, pero pero unha miga na chuvia na noitiña, cando ninguén mira os teus pés mollados, ás veces mola saltar as pedras coma acariñando animais
Quarta-feira, Janeiro 28, 2009
O DEMO DA MUSICA RÓ EN GALEGO

-De 30 bandas do proxecto DEMO da adorable Radio 3, catro son galegas
-O Proxecto A Coruña Son, xa está na 2ª edición, e o mesmo SAntiago Auserón vai dicindo por aí que somos do que non hai en canto a creatividade e variedade.
-A Tele Galega dende este xaneiro 09 vai producir un Programa de música ao vivo
QUE DEMO FALTA?
-Cambiar de Chip?
-Facer un Clip?
-Escribir
-Poñer as liñas do pentagrama
-Acudir aos concertos?
Quarta-feira, Janeiro 21, 2009
PONTE BELA POR FAVOR
Impresióname tanto o novo coma o vello
Impresióname tanto a decadencia do que foi elegante coma a prestancia do novo
Impresióname tanto a xente que é nova por ser renovada como a xente bela por ser vella
Impresióname tanto o que coñezo de vello coma o que me sorprende
Esto da dereita era o café Savoy de Pontevedra, tiña boas vistas.
E o de baixo é a ponte que da á Avda de bós? aires en Pontevedra
.
Dous clasicos na cidade na que +s pequen+s ainda rulan en pantalón curto na praza, con calcetíns con pompóns
Quinta-feira, Dezembro 25, 2008
A LUA ESTABA CHEA
As cuestións máis curiosas, pequenas e mundanas teñen que ver con cuestións astroNómicas.
Hoxe a xente celebra en medio mundo, como hai 300 Mil anos, que o sol volve a medrar no ceo.
O SOL é a vida. E hoxe, despois de 3 días que nin pra riba nin pra abaixo (dende o solsticio do 21), volve subir no horizonte.
E curiosamente hai tres estrelas do cinto da Constelación de Orión que se chaman "Os tres reis" que lle fan un semicírculo "coma un portal" ao sol, sinalandoo no ceo, apuntando xunto con Sirio (que é a estrela máis intensa do firmamento deste hemisferio) ao sol que hoxe "volve a nacer".
Mirade hoxe amencer.
Non sei que día foi aí atrás que tivemos a lúa chea máis grande do ano.
Lembroume a unha Lúa chea e enorme que vimos no solsticio de verán de 2005, e que foi das primeiras entradas neste caderno.



